14/02/25

Día mundial da radio

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, unha conmemoración establecida polas Nacións Unidas en 2012.

A data elixida débese a que foi o día no que se estableceu a Radio das Nacións Unidas en 1946. Esta xornada ten como obxectivo recoñecer o papel da radio na difusión da información, entretemento e educación a nivel mundial, así como a contribución á paz e ao entendemento entre as nacións.

No noso instituto estamos a intentar crear unha radio escolar. Xa estades participando moitos e moitas de vós e esperamos seguir medrando.

Para conmemorar este día, as alumnas da materia de Xeografía, Historia e Patrimonio de Galicia, de 2º de bacharelato, realizou unha sesión de gravación de podcasts, algúns deles sobre historias agochadas detrás de fotografías familiares antigas, e outro de música tradicional ao vivo.

Bo traballo, rapazas!! E animávosvos a todo o alumnado a que tamén formedes parte do equipo de radio escolar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario