31/01/25

Teatro e patrimonio

Este ano o lema das bibliotecas escolares estaba dedicado ao teatro. Entre as diferentes actividades relacionadas con este xénero (lecturas teatralizadas, asistencia a funcións teatrais, charlas), traballamos por primeira vez no ámbito do teatro e o patrimonio.

Os alumnos de 4º de ESO e 2º de bacharelato participaron nun obradoiro de patrimonio e teatro impartido por Tero Rodríguez, actriz e integrante de Os Quinquilláns, e exploraron as posibilidades do teatro como medio para divulgar o patrimonio.

Moitas grazas, Tero, polo teu tempo e as túas ensinanzas, que xa estamos a levar á práctica!







Ningún comentario:

Publicar un comentario