O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENEP). Trátase dunha celebración fundada polo poeta español Llorenç Vidal en 1964 no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. A mensaxe desta conmemoración é "o amor universal, a non violencia e a paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia, e paz e mellor que guerra".
Esta conmemoración está comprendida tamén dentro do obxectivo de desenvolvemento número 16 "Paz, xustiza e institucións sólidas", da Axenda 2030 ou Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (OX-ONU).
Premendo na imaxe seredes reencamiñados a unha selección de recursos relacionados coa paz elaborada por Serviaula.
Podedes ver propostas de actividade levadas a cabo por diferentes centros escolares e crear as vosas propias actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario