As alumnas de 2º de bacharelato da materia Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, levaron a cabo a sinalización das 32 árbores do eido do centro baixo a supervisión do equipo de medio ambiente do Concello de Ames.
Esta actividade desenvolveuse ao abeiro do proxecto Patio con(vida), do Proxecto Terra, e tamén formou parte dos proxectos Educación Patrimonial e Ponte...nas ondas! As árbores foron catalogadas no curso 2020-2021 e o Concello de Ames facilitou os postes de madeira e as plaquiñas de sinalización. As alumnas tamén gravaron un podcast para cada unha das árbores que será empregado para elaborar un roteiro autoguiado polas árbores do eido.
Na foto superior, o equipo amosa as placas informativas antes de proceder á súa colocación. A seguir podedes ver diferentes momentos da colocación das placas do carballo, o carballo americano, a palmeira de abano, e o salgueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario