16/12/24

Foliada no instituto

En decembro o alumnado de 4º ESO da materia de Xeografía e Historia realizou unha investigación utilizando a metodoloxía de Historia oral, na que recolleron as lembranzas das súas familias en relación ás xuntanzas populares que recibían nomes moi diferentes, tales como foliadas, seráns, fiadeiros, albaroques, etc., e o seu valor como patrimonio inmaterial. 

Co resultado da investigación, e para celebrar o remate da primeira avaliación, os alumnos e alumnas realizaron o seu propio serán, no que non podía faltar a comida, a música e o baile.



Ningún comentario:

Publicar un comentario