22/04/24

Xa temos un club de xogos

Dámosvos a benvida ao flamante club de xogos situado no baixo do edificio xunto ao salón de actos!

Este club forma parte do Club de lectura Bibliolocus. Podedes acudir a el en calquera dos recreos e ir probando os diferentes xogos de tabuleiro que están á vosa disposición. Se tedes algunha suxestión de xogos que vos apetezan non dubidedes en facérnola chegar.

Ademais de formar parte do club e desfrutar dos xogos, tamén podedes participar como voluntarios e voluntarias para axudar e orientar a outros compañeiros e compañeiras ao respecto. 

Agardámosvos e esperamos que vos guste o club!


Ningún comentario:

Publicar un comentario