18/04/24

Analizando o ecosistema fluvial de Rego dos Pasos

Os alumnos e alumnas de 1º ESO das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Xeografía e Historia analizaron as condicións do ecosistema fluvial de Rego dos Pasos ao abeiro do Proxecto Ríos e o Proxecto Terra. Esta actividade foi coordinadada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e desenvolvida pola ONG Adega.

A rapazada desfrutou enormemente da experiencia e do tempo compartido nunha contorna tan fermosa como a de Rego dos Pasos. Os resultados obtidos na análise serán comparados cos resultados da análise do ecosistema da charca do eido. Esperamos poder volver repetir esta actividade no vindeiro curso!



Ningún comentario:

Publicar un comentario