24/04/24

Charla sobre patrimonio

O día 23 de abril, os alumnos e alumnas de 4º ESO A participaron nunha charla da arqueóloga Sonia García Rodríguez, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), do CSIC, sobre patrimonio en Galicia e paisaxes patrimoniais

Esta charla desenvolveuse ao abeiro do programa Educación patrimonial, que forma parte do Plan Proxecta, desenvolvido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Na charla Sonia García explicou a importancia das paisaxes patrimoniais na súa globalidade e analizou diferentes exemplos destas paisaxes, centrándose especialmente na paisaxe cultural da Ribeira Sacra, que investiga a arqueóloga desde hai anos.

Sonia transmitiu ao alumnado a súa paixón polo estudo do patrimonio e axudounos a valorar a importancia de observar a súa contorna como unha paisaxe global chea de significado en aspectos aparentemente cotiás e inconexos. Esperamos que volva o vindeiro curso contarnos máis!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario