29/04/24

A danza, patrimonio inmaterial

O 29 de abril celébrase o Día Internacional da danza, unha conmemoración do valor patrimonial e artístico da danza, que ten lugar no aniversario do nacemento de Jean-George Noverre, bailarín e profesor de danza, considerado o creador do ballet moderno.

Este curso adiantamos en lugar de realizar todos os obradoiros de danza na semana máis achegada á conmemoración inicial, decidimos espaciar os obradoiros ao longo do curso, para disfrutar más demoradamente do pracer da danza. Ao abeiro do proxecto Educación patrimonial, do Plan Proxecta, desenvolvimos as seguintes actividades relacionadas coa danza:

Regueifando: O alumnado de 2º ESO de Música achegouse á orixe, proceso de creación e valor patrimonial, identitario e tamén global das regueifas e fixo as súas propias composicións. O alumnado tamén foi quen de establecer relacións entre as regueifas tradicionais e o rap actual. 

Os alumnos e alumnas tamén se achegaron ao baile tradicional galego como unha manifestación do patrimonio inmaterial.

Ritmos africanos: Os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Xeografía e Historia participaron nun obradoiro de danza africana, impartido por Tania Veiga, no contexto de estudo do Imperialismo do século XIX e XX.

Esta actividade serviu para facer consciente ao alumnado do pasado colonial de España e de Galicia e da influencia da cultura africana na actualidade. 

Do salón ao palco: Os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Xeografía e Historia investigaron sobre os inicios do século XX e o nacemento da danza contemporánea como danza escénica e realizaron un obradoiro de danza contemporánea da man de Loli Fojón, da Academia LoDanzas.

Let’s swing: Os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Xeografía e Historia investigaron en grupos sobre o período dos anos 20 aos anos 40, e o jazz na música e no baile no seu contexto histórico.

O alumnado investigou sobre a vestimenta, o peiteado, accesorios, calzado e comportamentos da época, e deseñou, realizou e gravou unha coreografía de Lindy Hop.

E para poñer o ramo, participaron nun obradoiro de baile Lindy Hop, impartido, un ano máis por Carlos Tomico, de Academia Alfaia. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario