Un curso máis, como parte do tema O período de entreguerras da materia de Xeografía e Historia, celebramos a música jazz e o baile Lindy Hop que naceu na comunidade de escravos afroamericanos en Estados Unidos.
O alumnado de 4º de ESO investigou sobre a vestimenta, os accesorios, os costumes, a música e o baile na época que vai entre os felices anos 20 e os anos 40 e realizaron as súas propias caracterizacións. Na imaxe podemos ver a Marta, Sabela, Sara e Zaida de 4º ESO A caracterizadas e desfrutando dunha divertida conversa nun speak easy. Podedes ver a coreografía que creou o grupo nesta ligazón.
Se queredes ver máis traballos do alumnado podedes ir ao museo virtual KaleidoScapes.
O 14 de marzo puxemos o ramo á actividade cun obradoiro de Lindy Hop. Un ano máis o profesor de baile Carlos Tomico, da Academia Alfaia, transportou á rapazada ao período de entreguerras e ao espíritu da música e o baile da época.
Ningún comentario:
Publicar un comentario