O 21 de marzo celébrase o Día da árbore, e quixemos conmemorar este día e contribuír á mellora da nosa contorna plantando novas árbores autóctonas no noso eido. Esta actividade tivo lugar ao abeiro do proxecto Patio con(vida), dentro do Proxecto Terra, do Plan Proxecta.
O alumnado de 1º ESO das materias de Tecnoloxía e Xeografía e Historia plantaron tres faias (Fagus sylvatica) e catro abeleiras (Corylus avellana) na franxa W do eido do centro.
A zona de plantado foi seleccionada para poder crear unha sebe natural que sirva de refuxio da biodiversidade e que cree un pano verde de separación entre o eido e o aparcadoiro do centro. Na foto que segue podedes ver a área seleccionada para o plantado das árbores:
Estas fotografías recollen o proceso de plantado:
Finalmente, podedes ver o ben que prenderon as árbores. Mirade que vizosa está esta abeleira! Se cadra ata dá froitos xa este ano!
Ningún comentario:
Publicar un comentario