10/11/23

Regueifando

O 2 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º ESO da materia de Música partiparon no obradoiro de regueifas do programa Enreguéifate. Esta actividade desenvolveuse ao abeiro do programa Educación Patrimonial, do Plan Proxecta.

Na primeira parte do obradoiro o alumnado recibiu información sobre a orixe, as características, a diversidade por zonas e a importancia patrimonial deste tipo de manifestación oral.

O alumnado recibiu demostración e explicacións sobre como se constrúen as regueifas e a importancia da improvisación. 

Na segunda parte do obradoiro, o alumnado organizouse por grupos para construír a súa propia regueifa, que despois interpretou diante da clase. Os alumnos e alumnas demostraron o seu inxenio e a súa capacidade de improvisación. Moi bo traballo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario