Os alumnos e alumnas de 1º ESO da materia de Xeografía e Historia crearon un novo xardín de plantas aromáticas ao carón da casa dos insectos para axudar aos polinizadores.
O xardín polo de agora inclúe dúas variedades de lavanda, dúas variedades de romeu e tomiño.
Recomendámosvos os libros Unha historia con aguillón, de Dave Goulson, e Guía de campo de los polinizadores de España, de Luis Óscar Aguado Martín, Alberto Ferreres Castile e Elisa Viñuela Sandoval, para que poidades aprender máis sobre a importancia dos polinizadores e como axudalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario