28/04/23

Barroco en Ames III

Os alumnos e alumnas de 3º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia investigaron sobre o patrimonio relacionado coa época barroca que existe en Ames, diferenciando entre patrimonio relixioso, representado polos conxuntos parroquiais do municipio, capelas e cruceiros, e o patrimonio civil, cuxo expoñente máis coñecido son os pazos.

Esta investigación foi realizada ao abeiro do proxecto Educación patrimonial, do Plan Proxecta, e tamén tivo lugar no marco do programa Polos creativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario