19/03/23

Día Internacional da poesía

 O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía. Este día foi declarado pola UNESCO en 1999 "co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar as oportunidades para que as linguas en perigo sexan escoitadas".

No Día Internacional da Poesía promóvese a lectura, escritura, publicación e ensino da poesía arredor do mundo para dinamizar os movementos poéticos rexionais, nacionais e internacionais.

No centro realizarase unha actividade para os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. A actividade consistirá nun recital de tres poetas: Tamara Andrés, Nuria Vil e Diego Hochovski. 



En relación a esta actividade, os alumnos recopilaron versos destes poetas que espallaron polo espazo Maruxa Mallo, a entrada do instituto e as mesas da cafetería, para que toda a comunidade educativa puidese gozar da súa poesía.

Tamén podedes visitar a exposición de libros de poesía situada no espazo Maruxa Mallo frente á biblioteca:

Ningún comentario:

Publicar un comentario