14/03/23

Carla Crespo e Lara Torea gañan os premios Minerva de poesía e narración

Carla Crespo e Lara Torea gañaron o primeiro premio do 51 Premio Literario Minerva XLIX organizado polo Colexio Manuel Peleteiro. 

Carla Crespo Berdullas, alumna de 2º de bacharelato, fíxose coa vitoria na modalidade de poesía, polo seu traballo Sangue da miña ialma. Carla xa foi a vencedora, tamén na modalidade de poesía na edición anterior destes mesmos premios.

Lara Torea Suárez, alumna de 4º de ESO, gañou o primeiro premio na modalidade de narración coa obra Fase tres.

A cerimonia de entrega dos premios celebrarase o 12 de abril no Colexio Manuel Peleteiro. Moitos parabéns a Carla e a Lara polo excelente traballo!

.

O Premio Literario Minerva, celébrase anualmente desde 1963 no ámbito de toda Galicia e conta cun prestixio ben afianzado. Entre as persoas premiadas ao longo do tempo están figuras da cultura galega tan recoñecidas como Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega, Suso de Toro, Xavier Queipo, X. A. Neira Cruz, Berta Dávila ou Olga Novo. Este premio tamén foi gañado en 2021 por outra alumna do noso centro, Iria Álvarez e en 2022 pola propia Carla Crespo, como indicamos máis arriba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario