O 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín, mais na tradición galega, o día da celebración do amor e a vida, ocorre uns días antes, o 2 de febreiro coa festa da Candeloria.
Na candeloria realízase a festa das candeas, para celebrar que o inverno chegou á metade, que empezan a medrar os días e que a natureza comeza a espertar de novo a vida despois do descanso invernío.
O espertar da vida na natureza vese en que comezan a abrir os gromos, a florear algunhas plantas ou emparellárense os paxaros preparándose para a época de cría. Reparastes nalgún destes cambios na vosa contorna?
Hai moitos refráns populares relacionados con este día que seguro que coñecedes como o de Se a candeloria chora, medio inverno vai fóra. Que chore ou que deixe de chorar medio inverno está por pasar, ou A partir da candeloria ningunha ave voa soa e, por último, Pola Candeloria, casan os paxariños e vaise a galiñola.
Na entrada do centro a comunidade educativa depositou as súas cartas de amor e amizade para seren entregadas ás persoas destinatarias o 14 de febreiro.
Os carteiros e carteiras de San Valentín distribuíron as numerosas cartas por todo o centro.
ola
ResponderEliminarbai
ResponderEliminarinteresante
ResponderEliminar