Levabamos todo o trimestre bailando sen parar, a competición estivo moi disputada e hoxe chegou o momento tan esperado da final do I Certame de Just Dance no IESP de Ames!
Este certame naceu con motivo dunha suxestión feita pola alumna Sara Pampín, foi organizado polo Departamento de Educación Física e o alumnado de 2º de bacharelato, e nel participaron alumnos e alumnas de todos os niveis educativos de 1º de ESO a 2º de bacharelato.
Logo de recibir as notas, reunímonos no pavillón municipal con ganas de festa. Da man de Paula Viñas e Iago Calvo, que foron uns mestres de cerimonia de luxo, gozamos dos bailes das distintas modalidades: individuais, en parella e en cuarteto.
Foi difícil decidir os gañadores pois o nivel do baile foi fantástico, mais despois de moito cismar e debater o xurado, formado por profesorado e alumnado, concedeu os seguintes premios:
Modalidade de baile individual: 3º premio para Sara, 2º premio para Emma e 1º premio para Anxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario