O 8 de outubro celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias, unha celebración que pretende destacar a necesidade de conservar as aves migratorias e os seus hábitats. Ten un alcance global e é unha ferramenta eficaz para contribuír a concienciar ao mundo das ameazas ás que se enfrontan as aves migratorias, da súa importancia ecolóxica e da necesidade de cooperación internacional para conservalas.
Este data celébrase a nivel internacional en dous días ao ano coincidindo coas dúas grandes migracións; o segundo sábado de maio e o segundo sábado de outubro.
O tema central da campaña do Día Mundial das Aves Migratorias deste ano é a contaminación luminosa e o seu impacto nas aves:
Preme aquí para ver uns consellos para iniciarse na observación de aves elaborados polo Parque Natural dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. E aquí para ver o código ético para a observación das aves preparado pola Sociedad Española de Ornitología (SEO).
Ningún comentario:
Publicar un comentario