O 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas, promovido polo Dirección general del libro y fomento de la lectura. A edición deste ano ten por lema BiblioTecuida, que pon en valor a importancia das bibliotecas atender e coidar á cidadanía.
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o vindeiro 24 de outubro, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración con ANELE (Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensinanza), achega unha serie de recomendacións de libros, revistas, artigos e páxinas web que podedes consultar aquí. Deste xeito, trátase de apoiar e dar a coñecer o importante e necesario labor da Biblioteca Escolar no actual sistema educativo.
Podedes achegarvos a coñecer todas as novidades bibliográficas das que dispoñemos na biblioteca e que están expostas no espazo Maruxa Mallo. Esperemos que vos gusten, e non dubidedes en facernos chegar as vosas suxestións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario