07/09/22

Feliz curso 2022-2023!

Comezamos un novo curso cheo de ilusión e moitas novidades na biblioteca. Desde a biblioteca dámosvos a benvida e desexámosvos que teñades un feliz curso con moitas e fascinantes lecturas!

Deixámosvos unha inspiradora cita de Italo Calvino e unha pintada dunha rúa de Pontevedra que vos invita a que veñades canto antes buscar o voso carné da biblioteca!

"Pola contra, respondo, que somos? Que é cada un de nós senón unha combinatoria de experiencias, de informacións, de lecturas, de imaxinacións? Cada vida é unha enciclopedia, unha biblioteca, un mostrario de estilos onde todo se pode mesturar continuamente e reordenar de tódolos xeitos posibles"

Italo Calvino (1988): Seis propostas para o novo milenio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario