12/09/22

Adeus a Javier Marías

O 11 de setembro de 2022 faleceu o escritor Javier Marías, figura clave da literatura contemporánea en español.

Ademais de escritor, Javier Marías tamén foi tradutor e editor, e membro da Real Academia de la Lengua Española (RAE) coa letra R. Tamén publicou numerosos artigos de opinión, nomeadamente no xornal El País.


Todos os xornais se fixeron eco desta triste nova e podedes consultar algúns deles premendo aquíaquí, aquí e aquí. Tamén podedes ler a biografía do autor recollida pola RAE aquí.

Desde a biblioteca animámosvos a que vos cheguedes á literatura de Javier Marías, tanto a través das súas novelas, dos que podedes consultar unha mostra na biblioteca, como dos seus artigos, que están dispoñibles na versión dixital de El País e que podedes ler premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario