28/01/22

Xogos tradicionais

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO D e G e 4º ESO B están a traballar na documentación e recuperación de xogos tradicionais. 

Na primeira avaliación o alumnado documentou os xogos a través de entrevistas aos seus avós e avoas. Na segunda avaliación seleccionaranse os lugares axeitados para desenvolver estes xogos no patio, e na terceira avaliación toda a comunidade educativa poderá desfrutar xogando.

Algúns dos xogos documentados son a mariola, o peón, as agochadas, as bólas, as chapas. Os alumnos e alumnas tamén recolleron información sobre a estornela ou billarda, as tabas, o salto da rá, a pincha, ou os espinchos. 

O alumnado tamén documentou xogos doutros países como o Yedi Kule, de Turquía, ou o Alé limón, de Venezuela.

Esta investigación estase a facer ao abeiro do Plan Proxecta + nos programas Proxecto Deportivo de Centro e Proxecto Terra. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario