25/01/22

Día escolar da non violencia e da paz

O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da non violencia e da paz, unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal e incorporada en 1998 por UNICEF. Esta xornada ten como obxectivo promover un ensino non violento e pacificador. Celébrase o 30 de xaneiro en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948). 

Gandhi foi un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e foi asasinado por defender estas ideas. 


Co gallo desta celebración, o día 4 de febreiro e ao abeiro do proxecto do centro Memoria democrática e dos dereitos humanos realizarase o encontro telemático A voz do meu avó: Martín Ferreiro, concelleiro coruñés morto en Mauthaussen, con José Luis Alamán.






En relación con está temática podedes ler a novela gráfica Deportados, escrita por Carlos Hernández de Miguel e ilustrada por Ioannes Ensis, que vén de ser publicada, ou ver a película O fotógrafo de Mauthausen, dirixida por Mar Targona.





Tamén en relación coa memoria democrática e co día escolar da non violencia e da paz, Aurora Marco visitou o noso centro para presentar o documental As silenciadas.




No espazo Maruxa Mallo no primeiro andar e enfronte á biblioteca, podedes ver a exposición de libros e películas con temática da paz. Non deixedes de visitala!



A seguir deixámosvos unha escolma de cancións sobre a paz. Non dubidedes en avisarnos se coñecedes algunha que non estea aquí, para que poidamos incorporala!










Ningún comentario:

Publicar un comentario