10/02/22

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Este día foi creado no 2015 pola ONU co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia e para favorecer a igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres e das nenas.


Podedes ver diferentes propostas de Bibliotecas Escolares para traballar o tema da muller e da nena na ciencia premendo aquí. Tamén vos invitamos a coñecer o blog O outro lado do espello, da psiquiatra Iria Veiga; e o blog Dimetilsulfuro, da química Déborah Gacía.

E non esquezades visitar  a exposición de libros relacionados coa muller e a nena na ciencia situada no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario