18/02/22

Club de lectura sobre a memoria democrática

O club de lectura de memoria histórica e democrática levou a cabo a súa actividade ao longo do curso 2021-2022 e leu as seguintes obras:

Dare to disappoint: Growing up in Turkey. Unha novela gráfica de Özge Samanci, publicada en 2021, que trata sobre a vida da autora na década dos 80 en Turquía, entre tensións relixiosas e militares.

Regreso al Edén. Unha novela gráfica de Paco Roca, publicada en 2020, sobre a vida dunha familia durante a ditadura franquista, reconstruída a partir dunha fotografía. Esta obra obtivo o Premi de ACDCómic (Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España) á mellor obra nacional de 2020.

Raíces de Cristal. Relato curto escrito por Juan Cañizo, alumno de 1º de bacharelato, en 2022, sobre a temática dos nenos e nenas de Rusia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario