O profesor de Educación Plástica e Visual, Carlos Matos, ten moitas outras facetas diferentes ás de profesor. Unha delas é a de tradutor do turco para o galego e o español.
Nesta faceta de tradutor, e co nome Suleyman Matos, Carlos realizou tres traducións que acaban de ser publicadas. Para compartir o seu traballo e achegarnos a estas tres obras da literatura turca, Carlos doou á biblioteca un exemplar de cada unha das publicacións.
Dámoslle as grazas a Carlos e animamos a toda a comunidade educativa a que as desfrute!
Ningún comentario:
Publicar un comentario