O 25 de novembro participamos un ano máis no Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.
Este ano continuamos sen podermos levar a cabo ningunha actividade conxunta por mor da pandemia de covid-19; mais, coma sempre, enviamos a nosa solidariedade a todas as víctimas de violencia de xénero e expresamos o noso desexo de que este problema social desapareza canto antes e con el a necesidade de observar este día anualmente.
A comunidade educativa do IESP de Ames está moi comprometida na práctica da igualdade e na contribución activa para eliminar a violencia contra as mulleres e conseguir un mundo no que todos os seres humanos teñan igualdade de oportunidades, dereitos e deberes.
Podedes visitar a exposición Mulleres en loita, no espazo Maruxa Mallo.
Recollemos a seguir unha serie de recursos para traballar na aula durante a semana do 25 de novembro.
O consello da Cultura Galega pública o Álbum de mulleres. En TVE podedes ver "Mil mujeres asesinadas", un especial interactivo que homenaxea e relata as vidas de mulleres asasinadas pola violencia de xénero. Este proxecto foi homenaxeado co Prix Europa. Podedes ver un teaser do proxecto neste enlace. neste enlace. Tamén podededes informarvos sobre os concertos de Laura Lamontagne, Pauliña e o Proxecto Consoante no día para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Moito se está a reflexionar sobre a educación e a presión social tradicional nos homes que deriva en comportamentos machistas e como esa educación e actitude social se está a cuestionar. Isto recóllese no documental Clonar a un hombre, dirixido por Iván Roiz, e Serás un hombre, de Isabel de Ocampo, gañadora dun premio Goya ao mellor documental.
A seguir podedes ver o documental Clonar a un hombre completo, e un tráiler do documental Serás un hombre.
Tamén podedes ver o vídeo 48 cosas que los hombres escuchan a lo largo de su vida e 48 cosas que las mujeres escuchan a lo largo de su vida.
Que significa facer algo como unha nena? Por que se utiliza esa expresión como algo despectivo ou ridiculizante? Usas ti esa expresión ou ouvíchela usar a alguén algún vez?
Hai anos foi iniciado un blog de micromachismos cotiás por Eldiario.es. Na actualidade o concepto de micromachismo é coñecido por todos e todas. Podedes ver uns vídeos sobre micromachismos e consultar exemplos de micromachismos aquí e aqui.
E para rematar algunhas cancións: Concordias de papel, de Sés; Mi hombre, de Nacha Guevara; Salir corriendo, de Amaral; Malo, de Bebé; Hogar, de Pedro Guerra; La puerta violeta, de Rozalén, Vento, de Pauliña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario