21/11/21

Lembrando a Darío Xohan Cabana

Como xa sabedes, o día 17 de novembro anunciouse a triste noticia do falecemento do escritor, editor e tradutor Darío Xohan Cabana aos 69 anos. 

Moitos de vós coñeceredes a Darío Xohan Cabana polo libro Galván en Saor, mais publicou moitas máis obras tanto ficción como ensaio. Ademais de ser considerado un dos mellores escritores contemporáneos tamén era un recoñecidísimo autor, con traducións tan importantes como a Divina comedia, de Dante Alighieri.

Podedes consultar numerosas novas que se están a publicar estes días para homenaxear ao autor. Deixámosvos aquí dúas que podedes consultar premendo  aquí e aquí


Deixámosvos un soneto escrito por Darío Xohan Cabana no seu libro Canta de cerca a morte.


Se cando a morte pálida me apañe

deixo no mundo un pouco de memoria,

eu quero que teu nome me acompañe,

se che podo servir d’algunha gloria;
 

e se labro estes versos co teu lembro

contra da cinza, a corrupción e o lodo,

é que eu non quero creer que aquel setembro

acabase  para sempre xa con todo.


Ben sei, ben sei, canté que o non suopese,

que a vida acaba cando o sangue calla,

pero quizá a memoria nos puidese

librar, se non da morte, da mortalla;


e se así, e após da morte eu brillo,

saiban que eu fun quen son por ser teu fillo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario