O día 16 de novembro tivo lugar encontro telemático de Pablo de Dalmases co alumnado do IESP de Ames coa charla La marcha verde y la falsa descolonización del Sáhara Occidental.
Esta charla realizouse ao abeiro do proxecto Redes de Cooperación para a memoria democrática e os dereitos humanos, polo que ademais dos alumnos e alumnas do IESP de Ames, tamén participaron no encontro alumnos e alumnas do Beaconsfield High School, o IES Azorín e o IES Said Sgair de El Aaiún (Tinduf, Argelia), campamentos de refugiados saharauis, que tamén participan neste proxecto.
Pablo Dalmases é historiador e xornalista. Foi director de RNE e TVE no Sáhara español, Director do diario La Realidad de El Aaiún, Xefe dos Servicios Informativos do Goberno de Sáhara, Xefe do Gabinete de Prensa de RTVE en Cataluña e Xefe de Informativos de Radiocadena Española en Cataluña.
É autor de publicacións como Quiero ser Ali Bey, Los últimos de África, Huracán sobre el Sáhara, La esclavitud en el Sáhara Occidental, El desierto imaginado (África Occidental española en la literatura), Sáhara español: el gran fraude (Los papeles del coronel Rodríguez de Viguri) e Viajes por el Sáhara español.
Podedes ver a seguir a interesantísima charla de Pablo Damases que tamén leva anexado a intervención de dúas alumnas do IES Said Sgair que por problemas de conexión non puideron intervir directamente e enviaron o vídeo á parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario