O día 17 de xuño clausuramos o proxecto de Memoria Democrática por este curso cunha excelente charla da profesora do centro María José Costas.
María José falounos da interesantísima vida do seu tío Luis Costas, marcada polo compromiso constante coa defensa da democracia e a liberdade. Sindicalista da CNT, apresado en diferentes ocasións pola guardia civil, exiliado... aínda tivo tempo para formarse e converterse en profesor de Historia na Universidade de Montevideo e escribir varios libros fundamentais para entender a Guerra Civil española.
Ningún comentario:
Publicar un comentario