01/06/21

Facendo ciencia coa charca do noso eido

A pequena charca do noso centro está a servirnos como centro de investigación en diferentes materias. Os alumnos de 1º de ESO de Matemáticas están a traballar no estudo do volume da charca, o alumnado de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia está documentando visualmente os cambios na biodiversidade asociada á charca e ao seu contorno, os estudantes de 1º de bacharelato da materia de Técnicas de laboratorio están analizando a evolución das características físico-químicas da auga da charca, e as persoas integrantes da Comisión de observación da natureza está analizando microscopicamente os elementos presentes nese auga.

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO documentaron diferentes escaravellos, vermes, larvas, así como libélulas e  paxaros. A estrela da charca foi un ourizo cacho que veu refrescarse algúns días e os que nos preocuparon máis foron as larvas de verme de cola de rato (Ersitalis tenax). Coa axuda de ADEGA puidemos saber que estes vermes son uns bioindicadores de falta de oxíxeno, e puxémonos máns á obra para solucionar o problema. Aquí podedes ver aos alumnos e alumnas engadindo area de río e grava á charca e máis tarde trouxemos plantas de río para que axudasen a oxixenar a auga. 



Os alumnos e alumnas de Técnicas de laboratorio analizando a auga. As análises de oxíxeno en disolución foron moi importantes para complementar a información obtida a través dos bioindicadores.


O grupo observou os bioindicadores da charca e contribuíu ideas para conseguir unha mellor oxixenación da auga. Amais diso, analizou microscopicamente a auga da charca e identificou os seguintes elementos: protozoos ciliados, larvas de insectos, pole de piñeiro, microalgas (diatomeas) e hifas. Premendo aquí podedes ver un vídeo feito durante a observación:

Ningún comentario:

Publicar un comentario