Os alumnos e alumnas remataron a súa investigación sobre a historia do IESP de Ames como elemento patrimonial por este curso. Este traballo foi realizado ao abeiro do programa Educación Patrimonial, do Plan Proxecta e do PFPP O IESP de Ames: un espazo sostible e seguro, na recuperación da historia do instituto e no estudo estudo deste como elemento patrimonial.
Os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato de Ciencias da Terra analizaron as características xeolóxicas do espazo no que se sitúa o centro.
Os rapaces e rapazas de 4º de ESO da materia de Xeografía e Historia investigaron a evolución do espazo que ocupa o instituto desde a Prehistoria ata a actualidade e a partir de aí centráronse en diferentes aspectos da historia do centro e o seu eido nos 25 anos de existencia.
Algúns dos aspectos que investigaron foron: evolución do espazo, evolución do edificio e o eido, o instituto no contexto histórico e social, os grafitis do eido, as relacións internacionais, os nomes dos espazos do centro, restos arqueolóxicos superficiais vinculados á historia do centro, cambios no ensino ao longo do tempo.
Aquí podedes ver a evolución do espazo do centro comparando tres coleccións de fotografía aérea, a de 1956-1957, a de 1997-2003 e a de 2021.
Para axudar ao alumnado a reconstruír a historia do centro tivemos a honrar de contar coa visita de Fernando Sáinz, profesor do centro durante vinto anos, que ademais foi o primeiro director do instituto e permaneceu neste cargo durante 10 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario