14/05/21

Xardín de plantas aromáticas no eido do noso centro

O 22 de maio celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Unha  efemérede crerada polas Nacións Unidas no ano 2000 para  "informar e concienciar á poboación e aos estados sobre as cuestións relativas á biodiversidade". 

Para celebrar ese día, os alumnos e alumnas de 3º de ESO C crearon un pequeno xardín de plantas aromáticas na zona NL do xardín situado ao N do eido do centro.

Polo de agora experimentaron cunha pequena variedade de plantas: romeu (Salvia rosmarinus), tomiño (Thymus vulgaris) e lavanda (Lavandula officinalis); e segundo vaia progresando o xardín irán incorporando outras especies.

O vindeiro curso engadiremos máis plantas, unha casiña para insectos e unha zona de brasicáceas apropiadas para as bolboretas. Animádevos a participar!



Ningún comentario:

Publicar un comentario