10/05/21

Charla sobre Patrimonio Industrial de Ames

 O día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de ESO asistiron á charla O patrimonio industrial de Ames, impartida por Manuel Lara, presidente de Buxa- Asociación Galega do Patrimonio Industrial. Esta charla tivo lugar ao abeiro do Proxecto Educación Patrimonial integrante do Plan Proxecta.

Os alumnos e alumnas interesáronse polos diferentes elementos do patrimonio de Ames presentados e tamén ofreceron testemuños de elementos patrimoniais das zonas de orixe das súas familias.

Unha información que chamou moito a información do alumnado foi que un estudo ten demostrado que dunha canteira situada no municipio de Ames procede o granito usado no Pórtico da Gloria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario