O luns, 3 de maio, visitounos o arqueólogo Mario César Vila, de Tempos Arqueólogos, para falar da recuperación histórica do Camiño de Muros-Noia a Santiago que pasa polo municipio de Ames.
Esta visita forma parte das actividades que estamos a desenvolver ao abeiro do proxecto Patio con(vida) no marco do Plan Proxecta (Educación Patrimonial e ProxectoTerra) e do PFPP do centro, O IESP de Ames seguro e sostible. Tamén se enmarca na temática deste curso das bibliotecas escolares: Xeografías lectoras.
César compartiu cos alumnos e alumnas de 4º de ESO A e B o proceso que seguen os historiadores e os arqueólogos para investigar sobre elementos do pasado e conectalos co presente e tamén presentou os elementos máis salientables do trazado do camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario