03/05/21

Charla sobre a importancia medioambiental dos morcegos

O luns, 3 de maio, recibimos no centro a visita de Hilary Mora, guía e divulgadora ambiental na Reserva Natural La Tirimbina, en Costa Rica. Esta visita forma parte das actividades que estamos a desenvolver ao abeiro do proxecto Patio con(vida) no marco do Plan Proxecta (Educación Patrimonial e ProxectoTerra) e do PFPP do centro O IESP de Ames seguro e sostible. Tamén se enmarca na temática deste curso das bibliotecas escolares: Xeografías lectoras.

Hilary charlou cos alumnos e alumnas de 1º ESO G, 3º ESO A e 3º ESO C, rompeu falsos mitos sobre os morcegos, que en moitos casos puxeron e poñen en perigo a supervivencia deste mamífero, e explicou os motivos que fan dos morcegos uns animais imprescindibles para o equilibrio ambiental.




Ningún comentario:

Publicar un comentario