29/04/21

Celebramos o Día da Educación Física na Rúa no eido do instituto

O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na Rúa, unha data na que se amosa a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, conciénciase dos problemas do sedentarismo e difúndese a actividade física saudable.

Esta xornada foi celebrada por primeira vez en 2011 por COLEF Asturias e na actualidade desenvólvese en trece comunidades autónomas, entre elas Galicia.

Para celebrar esta data, o Departamento de Educación Física e o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Actividade Física e Saúde organizaron unha gymcana no centro. 

Nesta actividade participaron alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º de  ESO, que tiveron que superar diferentes probas espalladas polo eido do centro. Todos os grupos fixeron un excelente traballo e quedaron encantados coa actividade!



Ningún comentario:

Publicar un comentario