17/11/20

Recursos para usar na aula en relación co día 25 de novembro, Día internacional pola eliminación da violencia contra a muller

O 25 de novembro participamos unha vez máis no Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Este ano non podemos levar a cabo ningunha actividade conxunta por mor da pandemia de covid-19; mais igualmente enviamos a nosa solidariedade a todas as víctimas de violencia de xénero e expresamos o noso desexo de que este problema social desapareza canto antes e con el a necesidade de observar este día anualmente. 

A comunidade educativa do IESP de Ames está moi comprometida na práctica da igualdade e na contribución activa para eliminar a violencia contra as mulleres e conseguir un mundo no que todos os seres humanos teñan igualdade de oportunidades, dereitos e deberes. 

Recollemos a seguir unha serie de recursos para traballar na aula durante a semana do 25 de novembro. Tamén podedes visitar a exposición de libros sobre a igualdade de xénero situada na sala Maruxa Mallo.



TVE publica "Mil mujeres asesinadas", un especial interactivo que homenaxea e relata as vidas de mulleres asasinadas pola violencia de xénero. Este proxecto foi homenaxeado co Prix Europa. Podedes ver un teaser do proxecto neste enlace. neste enlace.

Moito se está a reflexionar sobre a educación e a presión social tradicional nos homes que deriva en comportamentos machistas e como esa educación e actitude social se está a cuestionar. Isto recóllese no documental Clonar a un hombre, dirixido por Iván Roiz, e Serás un hombre, de Isabel de Ocampo, gañadora dun premio Goya ao mellor documental.

A seguir podedes ver o documental Clonar a un hombre completo, e un tráiler do documental Serás un hombre.



Tamén podedes ver o vídeo 48 cosas que los hombres escuchan a lo largo de su vida e 48 cosas que las mujeres escuchan a lo largo de su vida.



Que significa facer algo como unha nena? Por que se utiliza esa expresión como algo despectivo ou ridiculizante? Usas ti esa expresión ou ouvíchela usar a alguén algún vez? 



Hai anos foi iniciado un blog de micromachismos cotiás por Eldiario.es. Na actualidade o concepto de micromachismo é coñecido por todos e todas. Podedes ver uns vídeos sobre micromachismos e consultar exemplos de micromachismos aquí e aqui.



A seguir tedes tres vídeos de diferentes campañas para concienciar sobre a necesidade de erradicar os comportamentos machistas na sociedade: Vilencia dixital, Cambia el trato e Los celos no son excusa.




O concello de Güéjar Sierra (Granada) lanzou unha campaña contra o acaso á muller co título Si fuera al revés, también te asustarías. Aquí podedes ver o vídeo:



Que che parece este vídeo sobre sexismo nas producións de Disney?


A continuación deixámosvos varias charlas e curtas sobre as desigualdades de xénero e a violencia contra a muller: ¿Por qué es importante hablar de feminismo?, Xogo de nenos, Corazón amoratado, Un día normal, Convidados de pedra.








E para rematar algunhas cancións: Concordias de papel, de Sés; Mi hombre, de Nacha Guevara; Salir corriendo, de Amaral; Malo, de Bebé; Hogar, de Pedro Guerra; La puerta violeta, de Rozalén.


 






Ningún comentario:

Publicar un comentario