Estamos en novembro, e como tódolos anos, celebramos o Día da ciencia en galego. Parabéns!! Este décimo ano de celebración está adicado ás linguas indíxenas e á táboa periódico, e homenaxea a Noam Chomsky, Manuel Murguía, Liz Marzán e Dmitri Mendelëiev.
No espazo Maruxa Mallo podedes ver unha escolma de libros de ciencia en galego á porta da biblioteca realizada en colaboración co departamento de Física e Química.
No corredor da primeira planta atoparedes unha táboa periódica realizada polo alumnado de Técnicas de laboratorio de 1º de bacharelato para conmemorar o 150 aniveresario da Táboa periódica. Premendo aquí podedes ver un vídeo co proceso de realización do mural e o resultado final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario