13/11/19

Samaín de terror

Aproveitando novembro, os tempos do Samaín e a tradicional celebración do día dos defuntos, a biblioteca divulga a temática da morte, o vampirismo e a licantropía.

Na entrada do instituto podedes ver unha exposición de obxectos, películas e bibliografía relacionados coa temática do alén mundo, sí como unha exposición de debuxos de caveiras realizadas polo alumnado de Debuxo.

Nas propostas de cine e literatura atoparedes clásicos e contemporáneos dirixidos a lectores entre 12 e 18 anos.






Tamén tedes como parte da exposición a Caixa do terror onde podedes deixar o voso micro-relato para o certame Coa pel de Galiña


A exposición completouse coa charla coloquio O vampirismo no cine e na literatura, relatada por Xosé Antonio López e Roberto Barral, dirixida aos alumnos e alumnas de 4º de ESO e que tivo lugar o 3 de decembro, ás 8:50 na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario