18/10/19

Exposición sobre memoria histórica

O 17 de outubro inauguramos no centro a exposición Exilio e deportación, Joaquín Balboa e Antonio Pérez, de Monterrei e Boborás aos campos nazis, creada polos concellos de Monterrei e Verín. Esta exposición estará no centro ata finais do mes de outubro.

A exposición homenaxea as vidas de Joaquín Balboa e Antonio Pérez en particular e aos perseguidos, exiliados, deportados e silenciados en xeral durante a ditadura franquista.

Podedes visitar a exposición nas escaleiras do primeiro ao segundo andar e no espazo Maruxa Mallo do segundo andar. Ademais dos paneis expositivos, teredes ao voso dispor unha selección bibliográfica sobre a Guerra Civil e a ditadura franquista.

Esta exposición forma parte do Memoria histórica, en paradoiro descoñecido que se está a desenvolver no centro por segundo ano consecutivo .



Como complemento da exposición, tedes ao voso dispor unha escolma de bibliografía relacionada coa Guerra Civil, a ditadura, o exilio,  e a deportación dos demócratas a campos de concentración nazi. Se tedes algunha suxestión sobre este tema non dubidedes en facela para seguirmos creando coñecemento entre todos e todas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario