24/10/19

Día da biblioteca

Lectores e lectoras, ratiños e ratiñas de biblioteca, hoxe estamos de celebración, pois o día 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. Moitos parabéns!

Pero sabedes como se orixinou o Día da Biblioteca? Esta celebración, proposta pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e apoiada polo Ministerio de Cultura, xurdiu en 1997 en lembranza da destrución da biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
 
Aproveitamos para lembrarvos que o lema elixido para as bibliotecas escolares durante este curso é Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía. Con este lema quérese lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar a aprendizaxe de habilidades sociais e valores democráticos esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.

Este é o cartel que representa o lema deste ano, realizado polo ilustrador Óscar Villán.

  
 Co gallo do Día da biblioteca podemos ver o emotivo vídeo Leer me salvó la vida, escribir le dio un sentido, de Jordi Fabra ao abeiro do proxecto Aprendemos juntos. Tamén podedes ler a entrevista ao autor publicada na Voz de Galicia premendo aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario