23/06/19

Todos somos migrantes

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia de Geography and History realizaron por terceiro ano consecutivo unha investigación sobre as migracións nas súas familias titulada We are all migrants / Todos somos migrantes. Podedes ver as entrevistas no museo virtual KaleidoScape.

Tan só un 7% do alumnado de 2º de ESO ten pais e nais orixinarios de Ames, mentres que o resto das familias foron chegando a Ames a partir dos anos 80.

As inmigracións máis frecuentes son as intracomunitarias desde outras partes de Galicia, seguidas das nacionais e das internacionais.



No tocante ás emigracións, os alumnos e alumnas contaron as historias dos seus avós e avoas e bisavos e bisavoas, algúns deles xa falecidos. O destino máis frecuente da xeración dos bisavós e bisavoas foi América, mentres que os avós e avoas dirixíronse maioritariamente a Europa.








Entre as emigracións actuais dos familiares hai abundantes exemplos de emigracións a diferentes partes do mundo e máis frecuentemente a países da Unión Europea; mentres que entre os pais e nais actualmente residentes en Ames destaca a migración pendular, con desprazamentos de ida e volta cotiás para traballar en Santiago de Compostela. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario