Ademais da proposta de cancións, tamén vos deixamos dous poemas e varios debuxos realizados por diferentes integrantes de CLC inspirados no tema do medio ambiente e as cancións concretas que incluíron na escolma.
Música natural
O río canta,
a herba asubía,
as árbores susurran,
os paxaros recitan.
Coida o mar, a auga, a vida.
Non vives nunha deserta illa.
O mundo é noso, haino que coidar.
O mundo é noso, o noso fogar.
Paula Viñas, alumna de 2º ESO E e integrante de CLC
Natureza rural
Unha nena, polo monte pasea.
Os paxaros obsérvana
con moita cautela
cantándolle unha canción a capella
Coida o monte, coida o mar,
coida o de todos fogar.
Coida a beleza de onde vives,
presume dela se me permites.
A natureza é nai de todo,
non a estropees no teu pobo.
Respéctaa como fas con todos,
e disfruta dela moito.
Paula Viñas, alumna de 2º ESO E e integrante de CLC
Debuxo de Carla Nieto, de 2º ESO C, sobre a canción What I've done, the Linkin Park.
Debuxos de Emma Arias, Carla Crespo, Alberte Carballo, Fabián Fernández e Alba Espasandín de 2º ESO A, sobre a canción Earth Song, de Michael Jackson.
Debuxo de Andrea Vilas, de 2º ESO E, sobre a paisaxe e a necesidade de coidala.
Debuxo de Andrea Barreiro e Uxía Fabeiro, de 2º ESO A, sobre a canción Le Pire, de GIMS.
Escolma de cancións
Respire, de Mickey 3D
A beautiful lie, de Thirty seconds to Mars
Colores en el viento, da película Pocahontas
Le Pire, de GIMS
What I've done, de Linkin Park
Aux arbres citoyens, de Yannik Noah
Tout le bonheur, de Sinsemilia
Madre tierra, Macaco
Earth song, de Michael Jackson
Páramo Pictures parodia a canción Despacito, de Luis Fonsi, na súa canción Alcolitos.
Imagine, de John Lennon
Ningún comentario:
Publicar un comentario