O día 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e da nena na ciencia. No instituto estanse a realizar diferentes actividades para conmemorar ese día. Entre elas podes ver as seguintes:
Na entrada do centro podes ver unha exposición cos traballos realizados polos alumnos e alumnas de 1 de ESO sobre mulleres na ciencia.
Tamén podes ver unha escolma de bibliografía dispoñible na biblioteca sobre as mulleres e as nenas na ciencia.
No espazo Maruxa Mallo do primeiro andar podedes visitar a exposición Con A de Astrónomas, da Universidade de Santiago de Compostela, e traída ao centro polos departamentos de Física e Química, Tecnoloxía, Matemáticas e Bioloxía e a ANPA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario