29/01/19

Día escolar da non violencia e a paz

O mércores, día 30 de xaneiro, celebramos o Día escolar da non violencia e da paz. Esta xornada foi creada polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal e celébrase sempre o 30 de xaneiro en conmemoración do aniversario da morte de Mahatma Gandhi.


Na entrada do instituto e mais no espazo Maruxa Mallo tedes unha exposición de libros e películas que teñen como tema a paz.


Como parte das actividades relacionados co Día escolar da non violencia e da paz, o día 1 de febreiro realizouse un concerto pola paz na biblioteca. Os alumnos Roi Fernández, César Asensi, Javi Abel e Gabriel Crespo, do grupo Os novos 20, tocaron e cantaron a canción Imagine de John Lennon. A seguir todo o público asistente cantou a canción No dudaría de Antonio Flores.




Ningún comentario:

Publicar un comentario