Carlos Negro, profesor do noso centro, foi o gañador da X edición do Premio Jules Vernes co seu novo libro de poesía "Aplicación instantánea".
O xurado destacou esta obra pola súa orixinalidade, calidade literaria, a forza da súa linguaxe, e a posta en valor da figura feminina e da cultura e a lingua galega.
Desde a Biblioteca dámoslle a Carlos a nosa máis sincera felicitación por este novo recoñecemento e convidámosvos a todos e todas a que pasedes canto antes pola biblioteca para gozar desta obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario