O 15 de outubro faleceu o escritor finlandés Arto Paasilinna, un dos autores en lingua finesa máis coñecido fóra de Finlandia.
Arto Paasilinna deixou a súa profesión de xornalista desencantado polo que el entendía como crecente superficialidade e falta de sentido da súa profesión, retirouse a vivir ao campo e escribiu máis de 35 novelas.
A súa obra caracterízase pola axilidade narrativa, a crítica á sociedade cada vez máis centrada en si mesma e a defensa medioambiental desde un humor irónico que deu en coñecerse como humor ecolóxico.
Na nosa bilbioteca podedes atopar dúas das súas novelas traducidas ao galego pola editorial Rinoceronte. Se aínda non coñecedes ao autor, este é un bo momento para achegarvos á súa obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario