08/06/18

Exposición Go Medieval / Medievalízate II

Desde o 25 de maio podedes visitar a segunda exposición Go Medieval / Medievalízate! realizada polo alumnado de 2º de ESO de Xeografía e Historia, que se atopa á entrada do centro.

Na exposición poderedes ver os escudos dos apelidos dos alumnos e alumnas, cos apelidos escritos en caligrafía gótica.

Tamén atoparedes unha selección de réplicas de miniaturas medievais realizadas polo alumnado e correspondente aos seguintes códices: Bestiario de Aberdeen, Codex Manesse, Beato de Liébana, Cancioneiro de Santa María e o Libro das Horas.

Na exposición tamén podes intentar adiviñar o significado dos símbolos recollidos nos debuxos inspirados nas laudas gremiais de Santa María de Noia, mais ten en conta que os alumnos e alumnas non representaron as súas profesións senón as súas afeccións!

E xaora, tamén hai unha sección da exposición adicada ás novidades bibliográficas relacionadas coa Idade Media.

Podes ver todos os escudos e os resultados da investigación sobre o Ames medieval no museo virtual Kaleidoscape.







Ningún comentario:

Publicar un comentario